sábado, 17 de septiembre de 2011

     Recortes, unha palabra que estamos acostumados a escoitar a cotío nos últimos tempos, maniféstase unha vez máis de forma dramática. O goberno ultraliberal do Partido Popular na Comunidade de Madrid liderado por Esperanza Aguirre reducíu en 226 profesores os docentes da ensinanza pública da autonomía, o que supón un recorte de persoal dun 0,4% fronte a un aumento do alumnado do 6,4%. Por outra banda, os profesores da ensinanza concertada incrementáronse en 2056 cun aumento do alumnado de só un 4.1%.
   
     Este desvío de docentes da ensinanza pública cara a privada supón unha nova agresión das políticas da dereita española ao sistema educativo. A búsqueda do beneficio ecónomico e a transformación da ensinanza nunha  empresa ao servizo duns poucos son o seu único obxetivo, sexa ao custo que sexa.
 
     Dende os medios tratouse dar unha imaxe totalmente falsa do conflicto, unha imaxe na que os profesoren públicos son simplemente vagos que están en contra da modificación de horarios. Nada máis lonxe da realidade, a queixa non é o cambio de horarios, senón a precarización da ensinanza pública, reducen docentes mentras os alumnos aumentan. Por outra banda aumentan as subvencións para os centros privados e os profesores aumentan case expoñencialmente fronte a un aumento porcentual de alumnos menor ao da ensinanza pública.

     Claro que, Esperanza Aguirre nunca mentíu cando falaba de recortes, pois o número de docentes aumentou, e a cantidade de fondos públicos destiñados á ensinanza tamén aumentaron, pero evidentemente nunca deu explicacións da distribución destes fondos, e evidentemente, ninguén lla pedíu.

     Facendo contas, o aumento de profesorado na Comunidade é de un 2,11%, unha porcentaxe ridícula se se ten en conta que o profesorado público, co maior aumento de alumnos, foi reducido, desviando fondos públicos cara fins privados.

1 comentario:

  1. Sempre hai que ter en conta que falar do PP é igual a privaticación de todo tipo, tanto na ensinaza como na sanidade.

    ResponderEliminar