O excelentísimo alcande de Santiago de Compostela, Conde Roa, volve a ser o protagonista, non pola súa xestión á fronte do concello, senón por unha nova saída de ton a marxe da xestión municipal.
Ao remate da ópera O Barbeiro de Sevilla, de Rossini, o seu director escénico, Curro Carreres, decidíu renovar a mensaxe da obra e amosar uns carteis con alusións ao movemento 15-M ou ao Maio do 68 francés, con frases como "No hay pan para tanto chorizo" ou "el arte es un arma cargada de futuro" negando calqueira tipo de intencionalidade cara a ningún político ou persoa en particular. Á saída do espectáculo o alcalde da capital encarouse cun dos empregados da obra con insultos como "mamón" As testemuñas contan que a situación non rematou con violencia pola intervención do chofer e do garda de seguridade de Conde Roa.
Fascista, rancio, intolerante, e tantos outros adxetivos que se poderían utilizar para describir a esta personaxe que nunca se cansa de dar novos titulares a prensa, retirando subvencións a asociacións de "culturetas" ou pechando salas de "terroristas". Noraboa aos votantes que o elixiron hai uns meses, habería que ver se están de acordo coas medidas fascistoides que está tomando, recortando, prohibindo e acabando con calquera tipo de actividade que difira da oficial, da establecida polo réxime, iso si, elixido pola poboación, do señor Conde Roa.
A pregunta é, ata cando estamos dispostos a aguantar estos ataques? cando imos a reaccionar?
Parece que xa nos están quitando o circo, teremos que agardar ata que nos quiten tamén o pan.

No hay comentarios:
Publicar un comentario