O excelentísimo alcande de Santiago de Compostela, Conde Roa, volve a ser o protagonista, non pola súa xestión á fronte do concello, senón por unha nova saída de ton a marxe da xestión municipal.
Ao remate da ópera O Barbeiro de Sevilla, de Rossini, o seu director escénico, Curro Carreres, decidíu renovar a mensaxe da obra e amosar uns carteis con alusións ao movemento 15-M ou ao Maio do 68 francés, con frases como "No hay pan para tanto chorizo" ou "el arte es un arma cargada de futuro" negando calqueira tipo de intencionalidade cara a ningún político ou persoa en particular. Á saída do espectáculo o alcalde da capital encarouse cun dos empregados da obra con insultos como "mamón" As testemuñas contan que a situación non rematou con violencia pola intervención do chofer e do garda de seguridade de Conde Roa.
Fascista, rancio, intolerante, e tantos outros adxetivos que se poderían utilizar para describir a esta personaxe que nunca se cansa de dar novos titulares a prensa, retirando subvencións a asociacións de "culturetas" ou pechando salas de "terroristas". Noraboa aos votantes que o elixiron hai uns meses, habería que ver se están de acordo coas medidas fascistoides que está tomando, recortando, prohibindo e acabando con calquera tipo de actividade que difira da oficial, da establecida polo réxime, iso si, elixido pola poboación, do señor Conde Roa.
A pregunta é, ata cando estamos dispostos a aguantar estos ataques? cando imos a reaccionar?
Parece que xa nos están quitando o circo, teremos que agardar ata que nos quiten tamén o pan.
jueves, 29 de septiembre de 2011
sábado, 17 de septiembre de 2011
Recortes, unha palabra que estamos acostumados a escoitar a cotío nos últimos tempos, maniféstase unha vez máis de forma dramática. O goberno ultraliberal do Partido Popular na Comunidade de Madrid liderado por Esperanza Aguirre reducíu en 226 profesores os docentes da ensinanza pública da autonomía, o que supón un recorte de persoal dun 0,4% fronte a un aumento do alumnado do 6,4%. Por outra banda, os profesores da ensinanza concertada incrementáronse en 2056 cun aumento do alumnado de só un 4.1%.
Este desvío de docentes da ensinanza pública cara a privada supón unha nova agresión das políticas da dereita española ao sistema educativo. A búsqueda do beneficio ecónomico e a transformación da ensinanza nunha empresa ao servizo duns poucos son o seu único obxetivo, sexa ao custo que sexa.
Dende os medios tratouse dar unha imaxe totalmente falsa do conflicto, unha imaxe na que os profesoren públicos son simplemente vagos que están en contra da modificación de horarios. Nada máis lonxe da realidade, a queixa non é o cambio de horarios, senón a precarización da ensinanza pública, reducen docentes mentras os alumnos aumentan. Por outra banda aumentan as subvencións para os centros privados e os profesores aumentan case expoñencialmente fronte a un aumento porcentual de alumnos menor ao da ensinanza pública.
Claro que, Esperanza Aguirre nunca mentíu cando falaba de recortes, pois o número de docentes aumentou, e a cantidade de fondos públicos destiñados á ensinanza tamén aumentaron, pero evidentemente nunca deu explicacións da distribución destes fondos, e evidentemente, ninguén lla pedíu.
Facendo contas, o aumento de profesorado na Comunidade é de un 2,11%, unha porcentaxe ridícula se se ten en conta que o profesorado público, co maior aumento de alumnos, foi reducido, desviando fondos públicos cara fins privados.

viernes, 16 de septiembre de 2011
Arnaldo Otegui, condenado a dez anos de cárcere pola Audencia Provincial xunto co exdirixente do sindicato LAB e Miren Zabaleta, filla de Patxi Zabaleta, histórico do indenpendentismo vasco e actualmente líder da formación Aralar.
Nun contexto político como o que vive Euskal Herria, contexto de cambios cara a políticas alternativas de independencia e autodeterminación, abandoadas pola maioría das formacións independentistas as estratexias de loita armada do pasado, este tipo de xuizos e sentencias quedan totalmente fóra de lugar. 10 anos de prisión para un símbolo do cambio cara a paz en Euskadi. Unha vez máis o Estado trata de criminalizar a esquerda abertzale, vendernos como asasinos a políticos e como terroristas a militantes, asociar unha política do século XXI a métodos do pasado. Tratan de vendernos a seguridade da súa paz e a súa democracia, de facernos crer que eles son os bos e a súa lei é a liberdade.
Agora que todo se torna na súa contra e as súas políticas non funcionan, cando o seu sistema queda obsoleto só lles queda utilizar o brazo xudicial , o longo brazo da xustiza política para espremer os últimos froitos murchos que lles quedan.
Coa axuda dos medios de masas conseguen trastornar un colectivo enorme, con forza e presencia nunha sociedade en movemento, que comeza a erguerse para reclamar o que é seu, non sen impedimentos dos órganos de poder. Se coa axuda dos seus tribunais políticos cren que poden asoballar unha ideoloxía e unha necesidade histórica, o tempo demostrará que se equivocan.
Polo de agora, só queda apoiar dende aquí a Arnaldo, Miren e Patxi e agardar unha resolución xusta deste conflito. Polo de agora, Otegi foi levado do cárcere de Logroño a unha prisión madrileña, separándoo de familia e amigos sen ningún pretexto, como adoita ocorrer nestes casos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)