viernes, 16 de septiembre de 2011

      Arnaldo Otegui, condenado a dez anos de cárcere pola Audencia Provincial xunto co exdirixente do sindicato LAB e Miren Zabaleta, filla de Patxi Zabaleta, histórico do indenpendentismo vasco e actualmente líder da formación Aralar.
   
      Nun contexto político como o que vive Euskal Herria, contexto de cambios cara a políticas alternativas de independencia e autodeterminación, abandoadas pola maioría das formacións independentistas as estratexias de loita armada do pasado, este tipo de xuizos e sentencias quedan totalmente fóra de lugar. 10 anos de prisión para un símbolo do cambio cara a paz en Euskadi. Unha vez máis o Estado trata de criminalizar a esquerda abertzale, vendernos como asasinos a políticos e como terroristas a militantes, asociar unha política do século XXI a métodos do pasado. Tratan de vendernos a seguridade da súa paz e a súa democracia, de facernos crer que eles son os bos e a súa lei é a liberdade.
   
      Agora que todo se torna na súa contra e as súas políticas non funcionan, cando o seu sistema queda obsoleto só lles queda utilizar o brazo xudicial , o longo brazo da xustiza política para espremer os últimos froitos murchos que lles quedan.
 
      Coa axuda dos medios de masas conseguen trastornar un colectivo enorme, con forza e presencia nunha sociedade en movemento, que comeza a erguerse para reclamar o que é seu, non sen impedimentos dos órganos de poder. Se coa axuda dos seus tribunais políticos cren que poden asoballar unha ideoloxía e unha necesidade histórica, o tempo demostrará que se equivocan.

       Polo de agora, só queda apoiar dende aquí a Arnaldo, Miren e Patxi e agardar unha resolución xusta deste conflito. Polo de agora, Otegi foi levado do cárcere de Logroño a unha prisión madrileña, separándoo de familia e amigos sen ningún pretexto, como adoita ocorrer nestes casos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario